Monday 29 de April de 2024

Máis de oitenta nenos e nenas de Boqueixón asisten ao espectáculo musical “O que levamos nas maletas”, de Magín Blanco


Máis de oitenta nenos e nenas de Boqueixón asistiron esta mañá ao espectáculo musical “O que levamos nas maletas”, posto en escena por Magín Blanco nas instalacións do Forte. Un espectáculo organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña.

Durante a súa intervención, Magín Blanco interpretou en directo unha selección de temas musicais compostos por el mesmo e dirixidos a un público infantil. Un contacontos musicado para axudar á rapazada a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras.